Nas clases podes aprender todos os recursos cerámicos e técnicas para poder realizar a túas pezas, técnica de churros, pranchas, pellizco, escultura…. e tamén a decorar con engobes e esmaltes, polo que conseguirás pezas rematadas por compreto para levar contigo e listas para usar e desfrutar!
Non te preocupes! As clases van dirixidas a calquera independientemente do seu nivel. Son aulas de máximo 6 persoas, polo que a atención é personalizada. Podes facer o que queiras e tamén se aportan suxerencias para ir aprendendo os distintos recursos cerámicos. Cada unha ten un ritmo distinto e as clases adáptanse a todas 🙂
Todas as tarifas inclúen material ilimitado así como as coccións das pezas. Non é necesario matrícula e pódeste apuntar cando queiras pagando a parte proporcional do mes!
Se houbera algunha clase á que non poidas acudir, non habería problema en recuperala outro día. Entendemos que cada unha ten os seus propios compromisos e intentamos ser todo o flexible posible para que sexa o mellor para todas. A única premisa para iso sería avisar como moi tarde con 24h de antelación e recuperar a clase no prazo de 1 mes por temas de xestión.
O mes págase por adiantado na primeira clase do mes (e vale tanto bizum como efectivo). Para darte de baixa só tes que avisar antes de que comence o mes xa que non reembolsamos o diñeiro 🙂

17.00-19.00 e 19.00-21.00
17.00-19.00 e 19.00-21.00
19.00-21.00
11.30-13.30, 17.00-19.00 e 19.00-21.00
O taller atópase no corazón do barrio da Milagrosa, en Lugo. Forma parte da Casa dos Cravos, un fogar creativo onde encontrarás a galería de arte Solaina na entrada e máis artistas traballando nos talleres. É un espazo para compartir e desfrutar da arte en colectividade, con oportunidade de ver exposicións de artistas novas e asistir a eventos culturais!
Pero máis aló de burocracias, horarios e materiais, o máis importante para nós é que a cerámica é unha MANEIRA DE ESTAR NO MUNDO.
Nun mundo cada vez máis acelerado, a cerámica ofréceche a oportunidade de desacelerar e conectar co proceso creativo. No noso taller, non só aprenderás a traballar o barro, senón que descubrirás unha forma de vivir máis consciente e artística.
A cerámica é un arte que require calma, paciencia e atención ao detalle. Cada peza nace da conexión coas mans e cos elementos naturais: terra, auga, aire e lume. A visión dun ceramista destaca a calidade fronte á cantidade e promove un consumo máis responsable.
Ao practicar á cerámica, non só melloras as túas habilidades, senón que te unes a unha comunidade que comparte ideas, emocións e logros. Aquí, a creatividade florece e a filosofía do “lento” transforma a túa forma de ver o mundo.
Para brindar la mejor experiencia, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. Al aceptar estas tecnologías, podremos procesar datos como el comportamiento de navegación o los identificadores únicos en este sitio. No aceptar o retirar el consentimiento podría afectar negativamente ciertas características y funciones.